O Parque Empresarial de Taboada

01.05.2023

O sector primario ocupa o principal lugar da económica do Municipio de Taboada, estando o sector secundario vinculado especialmente con primario, e en boa medida o sector servizos está condicionado polas actividades agrarias. Dentro do sector primario a gandería e a principal actividade económica. 

Para dar resposta as demandas e ofertas dos sectores económicos predominantes non municipio, é necesario desenrolar un solo de carácter industrial e comercial que permita agrupar empresas cuxo obxecto sexa dar resposta as necesidades de suministros que demandan os sectores económicos, así como tamén a recollida e transformación dos produtos que xeneran eses mesmos sectores. 

O parque empresarial de Taboada xurde por convenio entre o Concello de Taboada e o Instituto Galego da Vivenda e Solo asinado o 13 de xullo de 2001, período no cal exercía como Alcalde-Presidente do Concello de Taboada D. José Jesús Ramos Ledo (Partido Popular). 

O ámbito delimitado abarca unha superficie bruta de 85.979 m2, sendo a superficie de parcelas 49.373,00 m2. Así mesmo consta dun total de 47. O parque empresarial desenrólase en dúas fases

No ano 2023, sendo Alcalde-Presidente do Concello de Taboada D. Ramiro Moure Ansoar (Partido Popular), o parque empresarial atópase na primeira fase, cun total de 13 parcelas dispoñibles para a adquisición. É importante facer saber que máis do 50% das parcelas ofertadas atópanse xa vendidas, o cal é de vital importancia para a actividade industrial e comercial de Taboada.

Se existe un partido que esté plenamente sensibilizado coas empresas e os traballadores, ese é o Partido Popular. Non en balde, en Taboada, o parque empresarial foi impulsado polo noso partido no ano 2001 e feito unha realidade no ano 2021. Ben é certo que foi un período longo, non exento de atrancos, para rematar a posta en marcha do parque, pero cremos que debe ser o eixo sobre o que viren todas as nosas políticas económicas.

Todos os nosos esforzos están postos na ocupación das parcelas do parque empresarial. Se nesa zona existe actividade, existirá actividade na vila. Temos que ser conscientes do importante que foi esta xestión para a competitividade da vila fronte a outros Concellos. Hoxe, gracias ao Partido Popular de Taboada, estamos en disposición de loitar por atraer talento e emprendedores ademáis de posibilitar aos empresarios locais a posibilidade de medrar no seu Concello. 

Na próxima lexislatura loitaremos, de forma prioritaria, pola actividade industrial de Taboada, atraendo talento e mantendo reunións con empresas de distintos sectores para que aposten polo noso Concello de forma prioritaria. A segunda fase do parque empresarial de Taboada será unha realidade próxima co Partido Popular.


Fonte: https://www.xesturgalicia.com/

© 2023 Partido Popular de Taboada - Avenida de Lugo 78, 27550, Taboada (Lugo) | Todos los derechos reservados
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar