O Edificio da Antiga Cámara Agraria

Se de algo é consciente o Partido Popular é do cambio de tempos que estamos a vivir. Unha longa pandemia, cambios socioeconómicos e sobre todo unha forma distinta de ver a vida configuran unha nova realidade social. Son moitas as persoas que cambian o rebumbio das cidades pola tranquilidade dos pobos para comezar ou continuar unha vida. Xente con traballos distintos e diversos que deciden que o seu lugar está no rural.
Taboada será o seu lugar. Temos que potenciar entre todos este lugar privilexiado que é a nosa vila, cuns servicios e prestacións diferentes que lograrán atraer talento e calidade. Por iso, o Partido Popular de Taboada ten previsto estudar a viabilidade de implementar un espazo de CoWorking nesta edificación municipal que foi transferida pola Xunta de Galicia ao noso Concello mediante as xestións realizadas polo Concello de Taboada, baixo a administración do Alcalde-Presidente D. Ramiro Moure Ansoar (Partido Popular).
Temos un plan de renovación para o noso pobo. E levarémolo a cabo coa túa axuda.
Un CoWorking significa apostar por un espazo compartido onde profesionais individuais como autónomos, empresarios ou empregados que contan coa modalidade parcial ou total de teletraballo poidan instalar a súa base de operacións en Taboada. Sen dúbida tamén pemes ou startups poderán comezar a desenvolver a súa actividade na nosa vila coa riqueza que eso supón para a hostelería, os supermercados ou o lecer da nosa vila.
Se vostede aposta polo Partido Popular de Taboada, ten a certeza de que conseguir isto é posible. Na nosa candidatura existen persoas cunha sobresaínte labor innovadora na empresa que coñecen á perfección os novos códigos empresariais e están dispostos a aplicalos en beneficio da nosa vila. Xuntos faremos de Taboada un polo empresarial.

