Desbroces Todo o Ano

01.05.2023

O estado xeral das infraestructuras do noso Concello atópanse nun bo estado. Está claro que sempre é mellorable e non todas as parroquias teñen a mesma configuración xeográfica. Dende o Partido Popular de Taboada trabállase arreo para chegar a todas elas e prestar uns servizos públicos de calidade. 

Nestas eleccións municipais de 2023, o Partido Popular de Taboada preséntase moi renovado e con novas ideas do que debe ser un Concello para os veciños. Por iso, unha das nosas propostas máis novedosas está na problemática do día a día. Estamos a falar da conservación das nosas vías de comunicación no que respecta ao seu mantemento. Dende o Partido Popular implementaremos a figura dun traballador de mantemento de vías que se adicará durante dez meses ao ano a desbrozar todas e cada unha das parroquias do Concello para que sempre estén en óptimo estado de revista.

© 2023 Partido Popular de Taboada - Avenida de Lugo 78, 27550, Taboada (Lugo) | Todos los derechos reservados
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar