Creación da Festa da Galleta de Xián na súa Parroquia
01.05.2023

Se hai un partido que apoia ao rural e aos núcleos de población máis pequenos é o Partido Popular. No caso da nosa vila, prácticamente tódalas celebracións municipais se levan a cabo no casco urbano de Taboada. Nesta nova etapa do Partido Popular as celebracións e exaltacións visitarán as nosas aldeas e parroquias, que tanto nos deron ao longo de moitos anos.
Dende o Partido Popular de Taboada propoñemos a creación da Festa da Galleta de Xián para a difusión e coñecemento xeral dun produto de Taboada que representa o grande que somos como Concello.

