Complexo Deportivo das Piscinas

01.05.2023

O complexo das piscinas de A Medela é un dos lugares de lecer máis característicos de Taboada. Dende fai máis de vinte anos, acudimos cada verán para desfrutar do sol, dun bo remollo e sobre todo, da xente de Taboada. As dúas psicinas e o seu bar, son sen dúbida un bo reclamo para os veciños de Taboada e dos concellos veciños.

Non obstante, o Partido Popular de Taboada ten un novo proxecto para o complexo das piscinas. Cremos que é posible, ao igual que se fixo co campo municipal de A Medela, dinamizar o complexo para que sexa utilizado durante todo o ano.

Actualmente disponse duha pista de pádel aberta para os veciños.  Cremos que as instalacións son boas pero é necesario cubrila para protexela das inclemencias meteorolóxicas, favorecer o uso da mesma no inverno e que sexa máis cómoda para os xogadores. O Partido Popular de Taboada buscará a financiación para facelo posible e ganar un espazo deportivo de primeiro nivel para desfrute dos afeccionados a este deporte.

Se o Taboada CF ou o Relámpago de Taboada xogan en A Medela ao fútbol, por qué non ter unhas instalacións onde o podan facer os afeccionados ao fútbol sala? Cremos que as instalacións do complexo da piscina municipal, tal e como o están ata o de agora, están infrautilizadas e propoñemos que sexa unha pista cuberta e dotada das comodidades necesarias para que equipos de afeccionados podan entrenar ou xogar cando o desexen. O Partido Popular de Taboada tamén o conseguirá.

Taboada é un deses Concellos que teñen unha pista de tenis aberta aos usuarios durante todo o ano. Se ben e certo que durante o inverno resulta complicada a súa utilización, desde o Partido Popular de Taboada proponse a súa adecuación para o uso durante todo o ano. 

Por qué non facemos de A Medela un dos complexos deportivos máis completos da comarca e do sur de Lugo? Por qué non atraer deportistas e situar Taboada á vangarda do deporte? Temos programa e plans para Taboada, só nos faltas ti.

© 2023 Partido Popular de Taboada - Avenida de Lugo 78, 27550, Taboada (Lugo) | Todos los derechos reservados
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar