Calidade da Auga

01.05.2023

No Partido Popular de Taboada somos conscientes da problemática que afecta á nosa vila con respecto á calidade da auga cando a climatoloxía se volve adversa. Dende fai un tempo atopámonos traballando para solucionalo á maior brevidade posible, non obstante require dunha viabilidade técnica que está en estudio.

Dende o goberno popular no Concello de Taboada estamos a estudar a posibilidade de instalar un depósito que acumule auga de calidade, coa axuda da depuradora, e nos momentos en que a traída se torne turbia accionar os excedentes de depósito para que os veciños teñan auga de calidade nos seus domicilios, independentemente da climatoloxía. 

A solución exposta en unión a posibles novas captacións de auga para a vila, contribuirá a paliar un poblema que a todos nos afecta nos nosos fogares.

© 2023 Partido Popular de Taboada - Avenida de Lugo 78, 27550, Taboada (Lugo) | Todos los derechos reservados
Creado con Webnode Cookies
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar